microtecnosoles

imagine

PERDA DA CONDICIÓN DE ADSCRITO

Un adscrito a SELGA XESTIÓN FORESTAL SOSTIBLE pode perder esta condición, por finalización do período de vixencia da participación sen renovación ou si se observou un incumprimento grave dos requisitos de certificación e non se aplicaron as accións correctivas pertinentes, despois de notificarse por escrito, no prazo que se lle concedeu (que dependerá da magnitude da acción correctiva que se propoña), non habendo xustificado de antemán o motivo da non subsanación.

SELGA ten potestade de decidir sobre a perda da condición de adscrito e a duración do período restritivo. A exclusión do Certificado de Grupo se leva a cabo mediante proposta xustificada da secretaría técnica e a súa aprobación no Comité Técnico.

Si un adscrito, tras ser excluído por un incumprimento grave dos requisitos de certificación, solicitase a súa reincorporación dentro dos seis meses seguintes a súa exclusión, deberá remitir un informe, asinado por técnico competente, onde se acredite que as deficiencias polas que foi excluído, quedaron solucionadas. No caso de haber pasado máis de seis meses dende a súa exclusión, deberá presentar a súa solicitude de novo.