microtecnosoles

imagine

OBXECTIVOS

Os principais obxectivos que se perseguiron coa creación do grupo de certificación SELGA XESTIÓN FORESTAL SOSTIBLE son os seguintes:

1 Promover a Xestión Forestal Sostible, garantindo ás xeracións presentes e futuras o uso e goce dos nosos bosques
2 Elaborar os documentos e informes necesarios que permitan a avaliación dos criterios de xestión forestal sostible que non se poden avaliar a escala da propiedade individual
3 Ofrecer a posibilidade de participar na certificación aos propietarios e xestores galegos e, en particular, aso socios da Asociación Forestal de Galicia e membros da Mancomunidade de Produtores de Biomasa do Sur de Galicia.
4 Minimizar os custos de control dos adscritos garantindo a viabilidade económico do proceso de certificación
5

Establecer unha ferramenta de mercado que acerque a madeira ao consumidor

Estes obxectivos veñen reflectidos no compromiso de POLÍTICA DO GRUPO que rixe a xestión que, como Entidade de Grupo, realiza a Selga, Compañía Galega de Silvicultores.

De cara a conseguir os obxectivos anteriores, esta páxina web pretende ser un instrumento que axuda na xestión diaria do membro do Grupo. Para iso, no apartado da páxina reservado aos membros do Grupo (adscritos), poderá atopar o procedemento de control interno do grupo, manuais de silvicultura, material didáctico relacionado coa actividade forestal, modelos de contrato, etc. Material que consideramos de interese especial para o propietario ou xestor para mellorar na súa xestión diaria. Ademais, e con eses mesmos obxectivos, establécese un procedemento para a presentación de comunicacións, reclamacións e queixas de xeito que terceiros (tanto partes afectadas como grupos de interese) poidan porse en comunicación coa Entidade de Grupo para transmitirle observacións que poidan redundar nunha mellora da xestión a nivel de Grupo como a nivel das diferentes unidades de xestión que o conforman. Para iso, elaborouse un formulario normalizado (consulta a grupos de interese) para facer máis efectiva dita comunicación aínda que pode utilizarse calquera medio que se estime oportuno.