microtecnosoles

imagine

DEREITOS DOS ADSCRITOS

Os propietarios ou xestores, unha vez aceptados no grupo, gozan dos seguintes dereitos:

1 Obter documentación cos seus dereitos e deberes
2 Recibir información da ENTIDADE DE GRUPO ou ter acceso a unha explicación sobre os diferentes procesos de certificación cos que conta o Grupo SELGA-XFS
3 Recibir explicación sobre os requirimentos do estándar FSC e da Entidade de Certificación en relación á posta a disposición pública de determinada información
4 Recibir explicación das obrigas da ENTIDADE DE GRUPO dentro dos diferentes sistemas de certificación nos que participe o Grupo SELGA-XFS
5

Recibir explicación sobre os dereitos de acceso que ten a Entidade de Certificación ou a ENTIDADE DE GRUPO sobre a documentación relacionada coa xestión dos montes que conforman o Grupo SELGA-XFS, co propósito de levar a cabo a súa avaliación e seguimento, así como a entrada neses montes no caso de que o estimen oportuno

6 Obter a “Confirmación de Participación nun Certificado de Grupo PEFC” no caso dunha superficie certificada baixo o sistema de certificación PEFC e a “Confirmación de Participación nun Certificado de Grupo FSC” no caso dunha superficie baixo o sistema de certificación FSC. Ese documento acreditará ante un terceiro a inclusión de esa superficie no certificado correspondente
7 Obter un documento acreditativo (“Informe de validación de cantidade de madeira extraída”) expedido pola Entidade de Grupo, que poida servir para garantir que un determinado volume de madeira (obtido nun aproveitamento forestal realizado nunha superficie forestal incluída en algún dos certificados dos que o Grupo SELGA-XFS sexa titular) está acorde con establecido no documento técnico co que se xestiona esa determinada superficie forestal
8 Poder presentar as reclamacións relacionadas co proceso de certificación ou co funcionamento do sistema