microtecnosoles

imagine

DEBERES DOS ADSCRITOS

Os propietarios ou xestores, unha vez adscritos ao grupo, comprométense a cumprir as seguintes obrigas:

1 Realizar unha xestión forestal sostible conforme ao contido do Documento Técnico de Xestión
2 Manifestar por escrito á ENTIDADE DE GRUPO as superficies forestais que, xestionadas, desexen incluír nunha das Unidades de Certificación de Grupo xestionadas, e comprometerse a cumprir coas obrigas que impoña o sistema de certificación forestal elixido
3 Informar a ENTIDADE DE GRUPO dos aproveitamentos, tratamentos e melloras que se fagan nas superficies forestais incluídas en algunha das Unidades de Certificación de Grupo xestionadas polo Grupo SELGA-XFS
4 Comunicar a ENTIDADE DE GRUPO as modificacións realizadas sobre o planificado no Documento Técnico de Xestión e os modelos silvícolas e, en especial, as relacionadas cos aproveitamentos e tratamentos que se executen nas superficies forestais obxecto de certificación (incluíndo calquera cambio que se produza en datos administrativos ou de identificación do propietario ou xestor)
5 Poñer a disposición, tanto da ENTIDADE DE GRUPO como da Entidade de Certificación, os documentos acreditativos da xestión forestal sostible nunha determinada superficie forestal conforme cos requisitos dos sistemas baixo os que estean certificadas as mesmas. Dar as maiores facilidades posibles para a realización das auditorías que correspondan
6 Permitir o cumprimento, por parte da ENTIDADE DE GRUPO, dos requirimentos que lle foran establecidos para dar resposta ás condicións e accións correctivas propostas e emitidas pola Entidade de Certificación ou por ela mesma
7 Levar a cabo as acción correctivas establecidas pola ENTIDADE DE GRUPO ou pola Entidade de Certificación en calquera das superficies da súa xestión que teña incluída nalgunha das Unidades de Certificación de Grupo creadas nos diferentes sistemas de certificación existentes
8 Cumprir cos requisitos establecidos polo Grupo SELGA-XFS relacionados coa promoción e venda de produtos dentro e fora do alcance dos certificados dos que é titular
9 De xeito adicional, tódolos membros do Grupo SELGA-XFS que asinasen contratos coa ENTIDADE DE GRUPO (calquera que fose o tipo de contrato) quedarán suxeitos aos requirimentos relacionados coa xestión forestal establecidos nos mesmos
10 Coñecer e aceptar os dereitos e deberes da ENTIDADE DE GRUPO e dos ADSCRITOS
11 Esixir que os traballos forestais que se executen a través de terceiros nas superficies obxecto de certificación, se fagan conforme ao manual de boas prácticas e as instrucións e condicións técnicas asumidas polo xestor
12 Manter tódolos rexistros e documentación relacionados coa xestión forestal nas superficies adscritas
13 Aboar as cotas ou gastos do proceso de certificación correspondente á superficie incluída nunha determinada Unidade de Certificación de Grupo, xa sexan específicos da mesma ou a parte proporcional dos xerais debido á administración e custodia do Certificado correspondente
14 Unha vez que unha superficie forestal (xestionada polo adscrito) sexa excluída dunha determinada Unidade de Certificación do Grupo (e polo tanto, do certificado), non poderá facer uso do documento “Confirmación de Participación nun Certificado de Grupo de Xestión Forestal” nin de ningún outro documento que acredite a inclusión no devandito Certificado.

Adicionalmente, un adscrito que conte con superficies incluídas dentro da Unidade de Certificación FSC do que sexa titular o Grupo SELGA-XFS, terá os seguintes deberes:

15 En todas as superficies forestais das que o membro sexa xestor e non se atopen incluídas na entidade de grupo, a xestión practicada non pode incumprir a lexislación vixente ou ir abertamente en contra dos principios da xestión forestal sostible (Principios e Criterios FSC)
16 Cumprir a corto, medio e longo prazo cos principios da xestión forestal sostible (Principios e Criterios do FSC)