microtecnosoles

imagine

CÓDIGO DE BOAS PRÁCTICAS DOS APROVEITAMENTOS FORESTAIS

O Código de Boas Prácticas dos Aproveitamentos Forestais recolle os compromisos que deben respectar as empresas e operadores que realicen traballos de corta e saca de produtos forestais. De maneira especial, van dirixidas ás actuacións a realizar nos aproveitamentos madeirables –cortas finais e intermedias- na saca da madeira e no uso de infraestruturas destinadas a estes fins.

As empresas e operadores forestais, ademais de cumprir a normativa actual aplicable aos montes e en materia de conservación da natureza, comprométense a seguir e respectar as recomendacións que se indican a continuación:

1 As empresas de aproveitamento forestal, no transcurso da súa actividade na Unidade de Xestión, deberán contar con copia da documentación esixida pola administración forestal competente para efectuar o aproveitamento (copia da autorización ou copia da solicitude realizada oportunamente, segundo o caso)
2 Nos aproveitamentos madeirables adoptaranse as medidas necesarias para minimizar os impactos na vexetación a conservar tralas cortas de rexeneración ou de mellora, con particular coidado sobre a vexetación rupícola e sobre a flora singular existente na unidade de xestión. De igual xeito, atenderase ás indicacións da propiedade ou dos plans de xestión, se as houbera, para non prexudicar a rexeneración da masa.
3 Prestarase especial atención ao estado das vías e camiños forestais trala execución das súas labores, debendo restablecer as condicións de tránsito nas que se encontraban antes da realización da súa actividade. Para o exercicio da súa actividade utilizaranse os accesos autorizados pola propiedade.
4 Deberase evitar prácticas que fomenten a aparición de pragas ou enfermidades forestais. En calquera caso, cando detecten, durante do desenvolvemento da súa actividade na unidade de xestión, a aparición dunha posible praga ou enfermidade, deberán advertir ao propietario do monte.
5 Cando sexa posible e así o acorden coa propiedade, procederase á eliminación de restos, ben por trituración ou ben por extracción, procedentes da súa actividade na unidade de xestión.
6 No transcurso da súa actividade na Unidade de Xestión, deben informar inmediatamente cando detecten un lume ou calquera conato de incendio avisando, no seu caso, aos servizos de prevención de incendios forestais (085 ou 112)
7 Ao desenvolver a actividade, deberán evitar o vertido de produtos químicos na Unidade de Xestión, especialmente na proximidade de cursos de auga, canalizacións ou captacións, cumprindo, en todo caso, coa lexislación vixente na materia.
8 Deberán cumprir coa lexislación vixente en materia de riscos laborais, estando provistos os seus operarios cos equipos de seguridade homologados e demais requirimentos no transcurso da súa actividade na Unidade de Xestión
9 Na medida do posible, deberán minimizar a emisión de contaminantes atmosféricos (gases de combustión da maquinaria e equipos, Pu) e acústicos, sendo aconsellable manter en perfecto estado a maquinaria e equipos, planificar adecuadamente os tempos de transporte, circular con moderación en aqueles lugares onde se produce po e, en todo caso, respectar os límites de velocidade e ter, cando corresponda, o marcado CE ou a ITV
10 No aproveitamento forestal deberá evitarse a produción de residuos non forestais no transcurso da actividade. Os residuos sólidos deberán recollerse e depositarse nun colector apropiado. En caso de xerarse residuos perigosos, efectuarase a manipulación ou tratamento que esixe a normativa vixente ao respecto. En caso de derrame destas substancias sobre terra, extraerase a capa afectada, almacenándoa no seu correspondente bolsa ou colector e tratándoa como residuo perigoso. Deberán acondicionarse, de igual xeito, zonas para a limpeza de maquinaria e equipos.
11 Os almacenamentos de madeira deben facerse nos lugares designados ou acordados co propietario, evitando posibles danos á vexetación, ás infraestruturas, peches e elementos culturais.
12 Durante a execución do aproveitamento forestal, a empresa deberá comunicar ao propietario a aparición de testemuñas prehistóricos e históricos así como de elementos de interese cultural para adoptar as medidas de protección necesarias.
13 As empresas de aproveitamento forestal deberán informar ao propietario dos tratamentos que realicen terceiros subcontratados nas superficies forestais, esixindo o cumprimento do código de boas prácticas
14 Antes do inicio da súa actividade na unidade de xestión, as empresas de aproveitamento forestal deberán ser informadas da presenza e situación de elementos catalogados do patrimonio cultural, posible presenza de especies protexidas, árbores singulares, pertenza total ou parcial a espazos protexidos, así como de calquera outra servidume que poida verse afectada polo traballo a desenvolver. De igual xeito, as empresas seguirán tódalas indicacións que, ao respecto, lles sexan dadas polo propietario e/ou xestor.
15 Velarase porque os traballadores dispoñan da suficiente formación profesional para exercer a súa actividade. Nas novas contratacións procurarase seleccionar persoal dos diferentes niveis de formación forestal existentes.
16 Nas zonas de alto risco de erosión ou arrastres de solo, por excesiva pendente, desprotección, inestabilidade ou proximidade a canles, adoptaranse os coidados e medidas oportunas para que as operacións de corta e saca de produtos madeirables no provoquen danos de difícil recuperación