microtecnosoles

imagine

ANÁLISE DA INFORMACIÓN APORTADA

O equipo técnico de SELGA, analiza a información referente á xestión forestal para cada propietario ou xestor forestal que solicite pertencer á certificación de grupo. Ten que asegurarse da cantidade, forma e calidade da información proporcionada.

Se os datos aportado polo propietario ou xestor forestal non son suficientes ou presentan evidencia de non conformidades, o equipo técnico de SELGA emitirá unha solicitude de explicación das non conformidades detectadas.

 

 

No prazo de tres meses, o propietario ou xestor deberá presentar as aclaracións ou documentación que estime oportunas sobre as deficiencias detectadas. No caso de non recibir información do propietario ou xestor dentro dese prazo, darase por arquivada a solicitude.

Se esas aclaracións ou documentación seguen presentando evidencias de non conformidades, o equipo técnico de SELGA XESTIÓN FORESTAL SOSTIBLE poderá realizar unha inspección de campo ou rexeitar a solicitude, ata que sexan solucionadas as non conformidades. Asimesmo, e a xuízo do equipo técnico, poderanse realizar inspeccións de campo en superficies de grandes dimensións ou sea superficie reúne unhas características moi especiais.