microtecnosoles
imagine

Auditoría de renovación da Unidade de Certificación de Grupo PEFC de SELGA Xestión Forestal Sostible

15 de xullo de 2021

A auditoría levarase a cabo entre os días 19 e 26 de xullo co seguinte plan de auditoría:

  • Luns e martes (19 e 20 de xullo): Revisión do cumprimento dos indicadores da norma de referencia para as unidades de xestión e visita ás UX 1 a 18.
  • De mércores a venres (21 a 23 de xullo): Visita ás unidades de xestión.
  • Luns (26 de xullo): Verificación do procedemento de control de adscritos, controis internos e diferentes asuntos pendentes de días anteriores e elaboración e lectura do informe de auditoría.
  • Durante os días de campo visitaranse os seguintes montes: 08040-002, 08040-003 e 08008-001 en Lobeira, 07042-001 e 08120-001 en Lobios, 07646-001 e 05283-001 en Muíños, 08029-001 en Celanova, 06545-001 e 04215-006 en Antas de Ulla, 04239-003, 04259-001 e 04664-003, 04664-005 e 06734-001 en A Estada, 05380-001 e 06957-001 en Agolada máis o 00006-001 en Covelo.

Para calquera aportación que queira facer en relación a xestión que a Entidade de Grupo está a facer da Unidade de Certificación de Grupo PEFC de Xestión Forestal ou a xestión interna que está a facer calquera dos seus membros, pódese poñer en contacto con nós a través do correo certificacion@selga.es. As aportacións recibidas seranlle remitidas á Entidade de Certificación para a súa avaliación.


volver