microtecnosoles
imagine

Auditoría de segundo seguimento da Unidade de Certificación de Grupo PEFC de SELGA Xestión Forestal Sostible

22 de xuño de 2020

A auditoría levarase a cabo entre os días 29 de xuño e 6 de xullo con seguinte plan de auditoría:

  • Luns e martes (29 e 30 de xuño): Revisión do cumprimento dos indicadores da norma de referencia para as unidades de xestión a auditar.
  • Mércores, xoves e venres (do 1 ao 3 de xullo): Visita ás unidades de xestión que se van a auditar.
  • Luns (6 de xullo): Verificación do procedemento de control de adscritos, controis internos e diferentes asuntos pendentes de días anteriores e elaboración e lectura do informe de auditoría. 

Durante os días de campo visitaranse os seguintes montes: 02773-001 e 00014-001 en Cañiza, 06602-001 e 01455-001 en As Neves, 04992-001 e 04992-002 en Campo Lameiro, 06602-003 e 00078-001 en Salvaterra de Miño, 05115-002 e 02467-002 en Boimorto máis 04199-001 e 05176-001 en Caldas de Reis

Para calquera aportación que queira facer en relación a xestión que a Entidade de Grupo está a facer da Unidade de Certificación de Grupo PEFC de Xestión Forestal ou a xestión interna que está a facer calquera dos seus membros, pódese poñer en contacto con nós a través do correo certificacion@selga.es. As aportacións recibidas seranlle remitidas á Entidade de Certificación para a súa avaliación.


volver