microtecnosoles
imagine

Auditoria de seguimento da Unidade de Certificación de Grupo PEFC de SELGA Xestión Forestal Sostible

28 de xuño de 2019

A auditoría levarase a cabo entre os días 1 e 8 de xullo con seguinte plan de auditoría:

  • Luns, martes e mércores (do 1 ao 3 de xullo): Revisión do cumprimento dos indicadores da norma de referencia para as unidades de xestión e visita ás UX 9, 10 e 11.
  • Xoves e venres (do 4 ao 5 de xullo): Visita ao resto de unidades de xestión.
  • Luns (8 de xullo): Verificación do procedemento de control de adscritos, controis internos e diferentes asuntos pendentes de días anteriores e elaboración e lectura do informe de auditoría. 

Durante os días de campo visitaranse os seguintes montes: 01951-006, 04309-003, 04381-001 e 04381-002 en Cariño, 04735-001 en Castropol, 03627-001 en Tapia de Casariego, 04642-001 en El Franco, 02855-001 e 04351-003 en Outeiro de Rei máis 04863-001 e 05274-001 en Castro de Rei.

Para calquera aportación que queira facer en relación a xestión que a Entidade de Grupo está a facer da Unidade de Certificación de Grupo PEFC de Xestión Forestal ou a xestión interna que está a facer calquera dos seus membros, pódese poñer en contacto con nós a través do correo certificación@selga.es. As aportacións recibidas seranlle remitidas á Entidade de Certificación para a súa avaliación.


volver