microtecnosoles
imagine

Auditoria de renovación da Unidade de Certificación de Grupo FSC de SELGA Xestión Forestal Sostible

27 de setembro de 2018

A auditoría levarase a cabo entre os días 2 e 4 de outubro co seguinte plan de auditoría:

  • Martes e mercores (2 e 3 de outubro): revisión dos instrumentos de ordenación e visita aos SLIMF da provincia de Asturias, 1 non SLIMF en Asturias, 1 non SLIMF en Coruña e 2 non SLIMF en Pontevedra. 
  • Xoves (4 de outubro): Revisión de documentación en oficina e procedemento de control.

Durante os días de campo visitaranse os seguintes montes: 00043-001 en Vilaboa, 00009-001 en Covelo, 00164-001 en Villanueva de Oscos, 05187-001 en Nigrán, 05251-002 en Mañón, 00014-001 en A Cañiza, 02880-001 en Castropol, 04007-001, 04007-002 e 04007-003 en El Franco, 05818-002 en Taramundi e 05848-001 en Castropol.

Para calquera aportación que queira facer en relación a xestión que a Entidade de Grupo está a facer da Unidade de Certificación de Grupo FSC de Xestión Forestal ou a xestión interna que está a facer calquera dos seus membros, pódese poñer en contacto con nós a través do correo certificación@selga.es. As aportacións recibidas seranlle remitidas á Entidade de Certificación para a súa avaliación.


volver