microtecnosoles
imagine

Auditoría de Seguimiento da Unidade de Certificación de Grupo FSC de SELGA Xestión Forestal Sostible

20 de novembro de 2017

A auditoría realizarase entre os días 28 de novembro e 5 de decembro con seguinte plan de auditoría:

  • Día 28 de novembro: reunión de apertura, revisión da documentación e visita de 2 unidades de xestión NON SLIMF e de 1 SLIMF da provincia de Pontevedra. 
  • Día 29 de novembro: Visita de 3 unidades de xestión NON SLIMF da provincia de Pontevedra e 5 SLIMF da provincia de Lugo.
  • Día 30 de novembro: Visita a 5 unidades de xestión SLIMF da provincia de Lugo así como a 5 unidades de xestión SLIMF da provincia de A Coruña.
  • Día 1 de decembro: Visita a 4 unidades de xestión SLIMF da provincia de Lugo e 5 da provincia de A Coruña.
  • Día 4 de decembro: Visita a 5 unidades de xestión SLIMF da provincia de A Coruña e 1 da provincia de Pontevedra.
  • Día 5 de decembro: Revisión de documentos e rexistros, Estándar grupal e preparación da reunión de peche e reunión de peche.

A auditoría será realizada pola compañía SCS Global Services, entidade de certificación acreditada por FSC e que ten a súa base en Emeryville, California, EEUU).

Aquí pode descargar o contido do correo remitido a posibles partes interesadas para que poidesen aportar calquer información de importancia en relación ao Grupo SELGA Xestión Forestal Sostible e/ou os seus membros. Para iso se lle remitiu un cuestionario titulado consulta a grupos de interese que lles puidese servir de base para a comunicación das súas impresión relacionadas coa xestión forestal e o cumprimento dos estándares FSC. Mediante este anuncio, facemos extensible esa carta e cuestionario a todo aquel que teña interese en facer as súas comunicacións, reclamacións ou queixas utilizando a vía proposta.


volver