microtecnosoles
imagine

Auditoria de renovación da Unidade de Certificación de Grupo PEFC de SELGA Xestión Forestal Sostible

19 de xuño de 2018

A auditoría levarase a cabo entre os días 25 de xuño e 2 de xullo con seguinte plan de auditoría:

  • Luns e martes (do 25 ao 26 de xuño): revisión dos instrumentos de ordenación das diferentes unidades de xestión a auditar. 
  • Mércores, xoves e venres (do 27 ao 29 de xuño): Visita as unidades de xestión elixidas que conforman o plan de auditoría.
  • Luns (2 de xullo): Verificación do procedemento de control de adscritos, controis internos e diferentes asuntos pendentes de días anteriores e elaboración e lectura do informe de auditoría.

Durante os días de campo visitaranse os seguintes montes: 02408-002 en Oza dos Ríos, 03397-005 en Irixoa, 05091-001 en Abegondo, 02737-001 en Cerceda, 02403-002 en Negreira, 01940-003 en Santa Comba, 00007-001 en Ponteareas, 00001-001 e 00042-001 en Salceda de Caselas, 00093-001 en Tui e 00097-001 en Vigo.

Para calquera aportación que queira facer en relación a xestión que a Entidade de Grupo está a facer da Unidade de Certificación de Grupo PEFC de Xestión Forestal ou a xestión interna que está a facer calquera dos seus membros, pódese poñer en contacto con nós a través do correo certificación@selga.es. As aportacións recibidas seranlle remitidas á Entidade de Certificación para a súa avaliación.


volver