microtecnosoles
imagine

Auditoria de Seguimento da Unidade de Certificación de Grupo PEFC de SELGA Xestión Forestal Sostible

06 de xullo de 2017

A auditoría realizarase entre os días 10 e 14 de xullo con seguinte plan de auditoría:

  • Luns, día 10: revisión do cumprimento dos indicadores da norma de referencia. 
  • Martes, día 11: Visita a algunha das unidades de xestión elixidas para a súa verificación.
  • Mércores, día 12: Pola mañán levarase a cabo a revisión do cumprimento dos indicadores da norma de referencia e, pola tarde, farase visita a algunha das unidades de xestión elixidas para a súa verificación.
  • Xoves, día 13: Visita a algunha das unidades de xestión elixidas para a súa verificación.
  • Venres, día 14: Verificación do procedemento de control de adscritos, controis internos e diferentes asuntos pendentes de días anteriores, elaboración de informe e lectura do mesmo.

Durante os días de campo visitaranse os seguintes montes: 03481-001 (en A Capela), 03989-001 (en Abadín), 00186-001 e 00414-001 (en Alfoz), 03073-003 (en Foz), 03790-001 e 04288-001 (en Vilalba), 00349-001 (en Cerceda) e o 02656-002 (en Curtis).

Para calquera aportación que queira facer en relación a xestión que a Entidade de Grupo está a facer da Unidade de Certificación de Grupo PEFC de Xestión Forestal ou a xestión interna que está a facer calquera dos seus membros, pódese poñer en contacto con nós a través do correo certificación@selga.es. As aportacións recibidas seranlle remitidas á Entidade de Certificación para a súa avaliación.


volver