microtecnosoles
imagine

Auditoría de seguimento da Unidade de Certificación de Grupo PEFC de SELGA Xestión Forestal Sostible

21 de xullo de 2016

A auditoría realizarase entre os días 25 e 29 de xullo con seguinte plan de auditoría:

  • Luns, día 25: revisión do cumprimento dos indicadores da norma de referencia para as seguintes unidades de xestión: 01999-001; 03219-001; 02134-003; 02280-001. 
  • Martes, día 26: Pola mañán visitaranse as seguintes unidades de xestión: 01999-001; 03219-001; 02134-003 e 02280-001. Pola tarde levarase a cabo a revisión do cumprimento dos indicadores da norma de referencia para a unidade de xestión 02501-001.
  • Mércores, día 27: Pola mañán levarase a cabo a revisión do cumprimento dos indicadores da norma de referencia para as seguintes unidades de xestión: 00043-001. Pola tarde farase a visita a esta unidade de xestión así como á 02501-001.
  • Xoves, día 28: Pola mañán revisarase o cumprimento dos indicadores da norma de referencia para as unidades de xestión 00013-001 e 00087-001 que serán visitadas pola tarde.
  • Venres, día 29: Farase unha revisión do cumprimento da norma por parte do procedemento de control de adscritos así como as diferentes tarefas desenvoltas pola Entidade do Grupo para o control da Unidade de Certificación de Grupo PEFC de Xestión Forestal. A auditoría será realizada pola compañía AENOR, entidade de certificación acreditada por PEFC-España.

Para calquera aportación que queira facer en relación a xestión que a Entidade de Grupo está a facer da Unidade de Certificación de Grupo PEFC de Xestión Forestal ou a xestión interna que está a facer calquera dos seus membros, pódese poñer en contacto con nós a través do correo certificación@selga.es. As aportacións recibidas seránlle remitidas á Entidade de Certificación para a súa avaliación.


volver