microtecnosoles
imagine

Auditoría de Seguimiento da Unidade de Certificación de Grupo FSC de SELGA Xestión Forestal Sostible

28 de outubro de 2016

A auditoría realizarase entre os días 2 e 7 de novembro con seguinte plan de auditoría:

  • Día 2: reunión previa, revisión da documentación e visita de 2 unidades de xestión NON SLIMF e de 6 SLIMF da provincia de Pontevedra. 
  • Día 3: Revisión do Procedemento de Control de Grupo e visita a 1 unidade de xestión NON SLIMF e 4 SLIMF da provincia de Pontevedra.
  • Día 4: Visita a 4 unidades de xestión SLIMF da provincia de Pontevedra así como a 6 unidades de xestión SLIMF da provincia de A Coruña.
  • Día 7: Visita a 6 unidades de xestión SLIMF da provincia de Lugo, 3 da provincia de Pontevedra e 2 da provincia de A Coruña.

A auditoría será realizada pola compañía SCS Global Services, entidade de certificación acreditada por FSC e que ten a súa base en Emeryville, California, EEUU).

Aquí pode descargar o contido do correo remitido a posibles partes interesadas para que poidesen aportar calquer información de importancia en relación ao Grupo SELGA Xestión Forestal Sostible e/ou os seus membros. Para iso se lle remitiu un cuestionario titulado consulta a grupos de interese que lles puidese servir de base para a comunicación das súas impresión relacionadas coa xestión forestal e o cumprimento dos estándares FSC. Mediante este anuncio, facemos extensible esa carta e cuestionario a todo aquel que teña interese en facer as súas comunicacións, reclamacións ou queixas utilizando a vía proposta.


volver